E, por fin, a web

Viaxe aos recordos

Hai dous meses que volvimos de Róterdam, desta Viaxe aos Recordos increíble en tódolos sentidos, na que se nos deu unha oportunidade única, a de poder retratar como foi o encontro de Mercedes coa cidade da que tantas historias escoitara. Quen llas contaba? Avelino, o seu home, que emigrou á cidade en busca dunha vida mellor para toda a súa familia. Un accidente no barco no que traballaba acabou coa súa vida. Era o ano 1972. Quixemos contar a súa historia e a da súa muller, Mercedes Bastón. Con ela viaxamos a Róterdam. 40 anos despois. Na busca dos recordos compartidos.

Aquí tedes o resultado

Agardamos que vos guste

Advertisements

Leave a comment

Filed under Uncategorized

A volta

A volta

O tranvía 7, que nos deixou o 14 de setembro no número 13 da rúa Willemskade. É a dirección do Stella Maris, que foi a casa de Avelino durante as súas estancias en Rotterdam e que nos acolleu durante os catro días que durou esta experiencia única.

Grazas a todxs por facer con Mercedes esta viaxe, pola vosa ilusión nela. Seguide atentxs ás novidades e moi especialmente á nosa páxina web, que anunciaremos proximamente…..

Leave a comment

September 22, 2013 · 10:13 am

Pedaciños da vida no porto

IMG_3558

No noso penúltimo día en Rotterdam visitamos o Havenmuseum, onde atopamos a un Rob, un enxeñeiro naval xubilado que traballa no museo unha vez por semana de maneira voluntaria. Gracias a el aprendemos o funcionamento das maquinarias dos grandes barcos cargueiros. A principios do século XX chegaban á cidade enormes barcos con cereais, especias, aceites e outros productos de todos os continentes. Para a distribución destes productos, fabricouse unha especie de bomba xigante que aspiraba o contido e soltábao en varios barcos máis pequenos que puidesen facelo chegar a todo o país. Esta gran construcción aínda existe hoxe, exposta como parte do museo no seu lugar primixéneo dos anos 20.

IMG_3493

Nos anos 70 aproximadamente, o porto ampliouse e comezáronse a utilizar grandes contenedores, que se descargaban cun novo barco-grúa. Foi precisamente no 1970 cando Avelino chegou aquí para traballar nun cargueiro que utilizaba xa o sistema de contenedores. A compañía na que traballaba era a Broere, que aínda está operativa e á que pertence un dos navíos do museo, que se atopa en Dordrecht, cidade base da empresa.

Tamén puidemos admirar á beira de Rob diferentes barcos de diferentes épocas por dentro, en especial os pequenos camarotes onde os mariñeiros tiñan que vivir.

IMG_3471

Leave a comment

Filed under Uncategorized

O barrio de Delfshaven lévanos ó século XVII

O barrio de Delfshaven lévanos ó século XVII

O noso primeiro destino do día foi unha parte da cidade que conserva o seu aspecto orixinal do século XVII, xa que non foi bombardeada na II Guerra Mundial: o Delfshaven. Este é un lugar especial porque desde aquí saíron os que agora chamamos “Pais Fundadores dos Estados Unidos” rumbo a América.
No seu pequeno porto aínda se conservan varios antigos navíos de principios do séculos XX, accesibles para os turistas. Os antigos almacéns son agora anticuarios, galerías de arte e librerías de segunda man.
Ademais, Delfshaven era historicamente coñecido polas súas fábricas de cervexa e, sobre todo, destilerías de xenebra.
Todo isto conforma unha combinación perfecta que crea a sensación de estar dando un pequeno paseo pola historia.

Leave a comment

September 16, 2013 · 5:34 pm

Kubus-Paalwoningen

IMG_3227

Outra das visitas de onte, as chamadas Casas Cúbicas, do arquitecto Piet Blom

Leave a comment

September 16, 2013 · 4:46 pm

A Laurenskerk

IMG_3191

Unha foto de onte. Mercedes e Xela na Laurenskerk, igrexa que sobreviviu ós bombardeos da II Guerra Mundial. Ó lado está a estatua de Erasmo de Rotterdam, figura universal no mundo das Letras e un dos pensadores máis influíntes da cultura occidental

IMG_3190

Leave a comment

Filed under Uncategorized

Segundo día, o Porto e máis

Segundo día, o Porto e máis

VIsitamos o centro da cidade, o antigo e o novo. O antigo, coma a Witte Huis (Casa Blanca), o primeiro rañaceos de Europa e un dos poucos edificios que sobreviviron ós bombardeos da II Guerra Mundial

O moderno como os edificios Kubus-Psslwoningen (casas cúbicas) ou Het Potlood (o lápiz) deseñados polo xenial arquitecto P. Blom

Leave a comment

September 15, 2013 · 10:38 pm